SES

Popular

Popular releases

Albums

Singles and EPs

Featuring SES

Fans also like

Appears On

About

17,391 monthly listeners

SÉS é unha cantautora galega de traxectoria ascendente e imparable que tras a súa irrupción no mercado no ano 2011 está considerada pola prensa como “a revolución da escena musical galega”. Se algo podemos destacar de SÉS é o seu enorme carisma e forza persoal, xa dabondo demostrada en centos de concertos en moi diferentes escenarios, pobo tras pobo e cidade tras cidade. Aos poucos e grazas á transmisión boca-orella, a súa intensa personalidade e honestidade á hora de manifestarse, foi conquistando ao público cun caudal de enerxía que clama pola unión e o cuestionamento do establecido. O estilo de SÉS mestura coas doses exactas os ingredientes desa fórmula máxica que conseguen un resultado orixinal e xenuíno: rock’n roll, tradición oral galega e certa cadencia da canción de autor latinoamericana con actitude punk, reinvindicación e manexo escénico cunha constante e permanente interlocución cos seus seguidores dentro e fóra dos escenarios. O seu discurso valente, novo, contundente e directo fan da figura de SÉS a voz de moitos, o altofalante certeiro que defende aquilo no que sería ideal crer.

15,957

Followers