Enxeito

Enxeito

Popular

Popular releases

Albums

Featuring Enxeito

Fans also like

Artist Playlists

About

45 monthly listeners

A música de Enxeito encádrase no xénero funk, engadindo dende un primeiro momento as letras e os flows do rap e mesturandoo con melodías do soul e pequenas influencias do rock ou do blues buscando un son orixinal. Tras un primeiro traballo autoproducido e autoeditado, Óscar e David atopan a Montse, Adri e Marcos, os compañeiros ideais para andar o camiño do FUNK. Logo dun primeiro achegamento para probar as súas forzas, a banda consolídase a finais de 2018 tendo a súa base de operacións en Bueu.

Dende aquel momento o grupo foi gañando presencia e cohesión no escenario conectando moi ben co publico e chegando a dar concertos en cada vez máis festivais e salas recoñecidas coma o Aturuxo ou o Vilariño Folc. Xa no 2020 preséntanse ao EDP Live Bands con 2 temas en adianto do seu novo disco "Superfunk" (dispoñible en plataformas dixitais) cos que son seleccionados polo xurado para chegar á final do concurso entre máis de 400 bandas.

74

Followers