FØ Records

FØ Records

Popular

Popular releases

Albums

Singles and EPs

Fans also like

Appears On

Artist Playlists

About

666 monthly listeners

FØ Records é un colectivo de trap, drill e hip-hop de Negreira, Galiza, fundado no 2019. O grupo está formado polos rapeiros Puto Rumeinian, Camel B., goodboy.Xd e og coulomb. Ademais de facer música, o grupo dedica especial atención á parte audiovisual, con numerosos videoclips de produción e dirección propia, e cunha estética diferenciada e presente durante toda a súa breve traxectoria. O colectivo autoeditou ata o momento dous proxectos e varios sinxelos: En agosto de 2019, lanzan "A Porrallada", o seu primeiro sinxelo, e probablemente, o seu tema máis recoñecido ata o momento. A súa mixtape debut, "O Club do Pitillo", saíu en febreiro de 2020, semanas antes do comezo do estado de alarma pola expansión do coronavirus. No primeiro verán durante a pandemia, publican "Lume", sinxelo cun videoclip que os leva a gañar o Premio Youtubeiras 2020 na categoría musical. Xa no 2021, sae "Plăcinte", o segundo proxecto do colectivo e a estrea como protagonista do rapeiro Puto Rumeinian. Durante o verán dese mesmo ano, viron a luz dous sinxelos máis: "Noites de Verán", de og coulomb e "Uh, iah!", de Camel B.. 🎤 Puto Rumeinian | Camel B. | og coulomb | goodboy.Xd 🐰🔫 2021 Plăcinte 🚙🚬 2020 O Club do Pitillo ✉️ contacto@forecords.gal

332

Followers