The Skarnivals

Popular

Popular releases

Albums

Singles and EPs

Featuring The Skarnivals

Fans also like

Artist Playlists

About

2,276 monthly listeners

The Skarnivals é unha banda ska / punk / folk galega nada en 2012 que parte do proxecto Skakeo. Uns directos cargados de enerxía xunto cun estilo persoal e reivindicativo serviron á banda para iniciar o seu camiño dándolles o impulso necesario para comezar a editar os seus primeiros traballos. Tras o lanzamento en decembro de 2010 de Skakeo, un Ep formado por 5 temas entre os que se atopa "Historias do mar", a banda lanza en Outubro de 2012 o seu primeiro LP. Torsión Mundial. Un disco composto por 10 temas, repleto de forza e que fusiona diversos estilos levándoos a dar o salto a diferentes puntos da península. En 2016, a banda volve aos escenarios coas pilas cargadas presentando "Movimiento Irracional". Un novo traballo que serve como consolidación do proxecto e das novas incorporacións nas filas da banda. Unha chamada á tolemia tanto no temático como no musical. Unha filosofía de loita e de alegría en contra da incansable sobredosis de cordura que nos pretenden implantar. Un disco directo, versátil e moi definitorio da traxectoria da banda no seu sétimo ano de vida.

2,132

Followers