We and our partners use cookies to personalize your experience, to show you ads based on your interests, and for measurement and analytics purposes. By using our website and our services, you agree to our use of cookies as described in our Cookie Policy.
The Skarnivals é unha banda ska / punk / folk galega nada en 2012 que parte do proxecto Skakeo. Uns directos cargados de enerxía xunto cun estilo persoal e reivindicativo serviron á banda para iniciar o seu camiño dándolles o impulso necesario para comezar a editar os seus primeiros traballos.
Tras o lanzamento en decembro de 2010 de Skakeo, un Ep formado por 5 temas entre os que se atopa "Historias do mar", a banda lanza en Outubro de 2012 o seu primeiro LP. Torsión Mundial. Un disco composto por 10 temas, repleto de forza e que fusiona diversos estilos levándoos a dar o salto a diferentes puntos da península. En 2016, a banda volve aos escenarios coas pilas cargadas presentando "Movimiento Irracional". Un novo traballo que serve como consolidación do proxecto e das novas incorporacións nas filas da banda. Unha chamada á tolemia tanto no temático como no musical. Unha filosofía de loita e de alegría en contra da incansable sobredosis de cordura que nos pretenden implantar. Un disco directo, versátil e moi definitorio da traxectoria da banda no seu sétimo ano de vida.