This browser doesn't support Spotify Web Player. Switch browsers or download Spotify for your desktop.

García MC

Popular

  1. 1.
    Deitado Frente ao Mar - Fotobiografía Sonora - Dios Ke Te Crew,
    3:130:30
  2. 2.
    Rúa Abaixo
    4:580:30
  3. 3.
    Danza Sagrada - Nación Quilombo
    4:510:30
  4. 4.
    Rúa Arriba
    3:140:30
  5. 5.
    Amor e Sangue en Chiapas
    4:530:30
Referente da música galega
Nación Quilombo é froito de máis de 20 anos de traxectoria musical deste referente indiscutible da cultura hip-hop en Galicia. García Mc foi parte de iniciativas recoñecidas en España como Dios ke te Crew, onde participou activamente ata o 2016.
Tamén formou parte de Labregos do Tempo dos Sputniks ou Ghamberros. Musicou poemas de Celso Emilio Ferreiro en clave rapeira, é colaborador da Banda Xangai e leva máis de 15 anos exercendo como pedagogo independente impartindo obradoiros e cursos de rap para así crear conciencia e valores entre adolescentes.
Agora sorprende cun espectáculo innovador ao fronte da Nación Quilombo, unha banda que combina ritmos do mundo coa palabra como centro.
Nación Quilombo
"Nación Quilombo nace para darlle acomodo a un García máis íntimo e persoal aínda que tamén máis bailable e cantable. No Quilombo, nese lugar onde os escravos se reúnen para artellar comunidade, comunicación e trazas de nova vida con ventos de liberdade, esperanza e ilusión. Unha nación barco onde navegar en busca dun faro entre Ordes e Cabo Verde, entre Muros e Kourou, entre Nigrán e Brighton Beach, entre Compostela e Puerto Arista integrando diversidade rítmica, orgánica, sónica, métrica e sobre todo moito corazón" por Vituco Neira.
Máis información: https://playplan.es/artistas/garcia-mc/

1,581

Monthly Listeners

558

Followers

Where people listen

Singles

Discovered On

Related Artists

Listen to García MC now.

Listen to García MC in full in the Spotify app