MJ Pérez

MJ Pérez

Popular

Popular releases

Albums

Singles and EPs

Featuring MJ Pérez

Fans also like

Appears On

Artist Playlists

About

856 monthly listeners

MJ Pérez é unha cantautora galega que bebe de diferentes estilos, co predominio do rock-pop nos seus primeiros álbums e cun xiro cara sons máis latinos e música de raíz no seu último disco. Suma case 200 concertos por toda Galicia e parte de Portugal. O seu traballo discográfico esta formado por 4 álbums “Ollos que non ven, síntoma de cegueira", "Guerrilleira", "Casandra" e "A Luz Prendida" que está presentando agora, todos eles autoproducidos. A isto súmanse diversas colaboracións con outros artistas dentro e fóra do escenario. A artista pasou xa por festivais coma o Noroeste Pop Rock ou o Festival do Queixo (Arzúa), asi como polos principais circuitos de concertos do panorama galego. Foi finalista no "I Certame de Canción de Autor" de Teo e acadou un segundo posto no "VIII Concurso Musical da Deputación da Coruña". Obtivo o 1º posto no "Xuventude Crea 2017" e foi finalista nos Premios Martín Códax da Música Galega no 2019 e 2020. O Rock-Pop, ritmos latinos e música de raíz combínase con outros xéneros musicais neste proxecto onde MJ emprega a música como medio de expresión, e o traballo constante como clave para seguir creando e avanzando neste camiño.

750

Followers